Actualidade municipal

  • Vedra de Tapas

    O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro – Concurso “ Vedra de Tapas” co obxectivo de promover a restauración local.

    DATAS: 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 14 de outubro 2018.

    Cada tapa terá un prezo de venta ao publico de 2,00 €. Tapa + albariño: se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,50€.

    Ler máis

Novas

Tarxeta benvida

A Consellería de Política Social convoca unha axuda económica para as familias que no ano 2017 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano. Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 euros a razón de 100 euros/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla.

Páxinas