Actualidade municipal

  • Concurso tarxetas de Nadal

    O departamento de cultura volve lanzar o Concurso de Tarxetas de Nadal que tan ben está sendo acollido pola cativada de Vedra. A tarxeta que resulte elixida polo xurado será a que o Concello utilizará como felicitación institucional para as festas do Nadal do ano 2017.

    DESTINATARIOS: nenos e nenas ata os 12 anos.

    Haberá premios.

    Para participar bótalle un ollo ás bases do concurso que están colgadas na páxina web de Vedra e tamén a disposición nos centros escolares e no departamento de cultura do concello de Vedra.

    O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o 5 de decembro.

    TODA A INFORMACIÓN E BASES Á TÚA DISPOSICIÓN no departamento de cultura do concello de Vedra tf: 981 814 691 /cultura@concellodevedra.com / www.concellodevedra.com

    Ler máis

Novas

Axudas para a rehabilitación integral de vivendas nos Camiños de Santiago

Aprobada a convocatoria para axudas da Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago para o ano 2018 cun importe de preto de 2,9 millóns de euros, sen prexuízo de que aínda se poden presentar solicitudes ao abeiro da convocatoria de 2017, aberta ata o 30 de novembro. Esta nova convocatoria para o 2018 publicarase no DOGA a comezos do vindeiro ano.

Gala do Deporte

Neste ano 2017 o concello de Vedra celebrará a III Gala do Deporte. Animamos aos veciños/as e ás entidades deportivas do concello a participar desta festa do deporte e dos valores deportivos. O fin do prazo de presentación de candidaturas remata o 1 de decembro ás 14:00 horas no Rexistro Municpal do concello.

Problemas co TDT

En relación co despregamento de novas antenas de 4G no Concello de Vedra que podían interferir no servizo de recepción da TDT, dende o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a plataforma Llega 800, comunícannos que o prazo límite para solicitar as accións gratuítas do servizo técnico finalizará o 31 de outubro.

Páxinas