Declaración Institucional do Concello de Vedra con motivo da desigualdade salarial entre homes e mulleres

O Pleno do Concello de Vedra manifesta o seu compromiso coas mulleres, coa defensa dos seus dereitos e coas políticas de igualdade como instrumento para avanzar cara a unha sociedade democráticamente máis xusta e equilibrada na toma de decisións entre homes e mulleres.

Recoñecemos os avances que ao longo das décadas se desenvolveron no noso país en materia de igualdade, pero á vez tamén recoñecemos os retrocesos e recortes que veñen producindo nas políticas de igualdade, especialmente no ámbito local debido ao cambio lexislativo que modificou substancialmente o ámbito de competencias dos Concellos nestas áreas.

Non pode haber unha sociedade verdadeiramente democrática se non somos capaces de eliminar os comportamentos e actitudes machistas que atentan contra máis da metade da poboación. E ese machismo, froito do patriarcado máis rancio e máis prexudicial para as mulleres esténdese en todos os ámbitos, desde o familiar, social e laboral ata a máis cruel das manifestacións como é a violencia de xénero que se exerce cara ás mulleres.

Unhas das maiores desigualdades que viven as mulleres é a que se corresponde ao ámbito laboral, por iso, dende o concello de Vedra, apoiamos que o noso país conte cunha Lei de Igualdade Laboral que contribúa a erradicar as diferentes situación de discriminación que teñen as mulleres no acceso ao emprego, a promoción profesional, a eliminación da brecha salarial, que xunto á precariedade e a temporalidade, conforman a columna vertebral da desigualdade laboral das mulleres.

O concello de Vedra valora positivamente a iniciativa proposta por distintos colectivos de convocatoria por primeira vez dun PARO LABORAL DE DÚAS HORAS NA XORNADA DO DÍA 8 DE MARZO, apoiando dita convocatoria, como unha medida de concienciación e reivindicación ante a situación xeneralizada de desigualdade laboral que teñen as mulleres neste país e porque son as organizacións sindicais as que poden convocar un paro con arranxo á Lei.

Porque as mulleres sufriron e seguen sufrindo en maior medida as consecuencias da crise. Porque as mulleres teñen de ganancia media anual preto de 6 puntos menos de difereza con respecto á dos homes. Porque a taxa de actividade das mulleres é de preto de 10 puntos menor que a dos homes. Porque a taxa de paro das mulleres é máis de 4 puntos por encima que a dos homes. Porque o traballo a tempo parcial nas mulleres representa aproximadamente un terzo máis que o dos homes.  Porque a brecha salarial sitúase de media nun 23% en detrimento do salario das mulleres. Porque a taxa de emprego entre mulleres redúcese con número de fillos fronte á dos homes que aumenta. Porque as pensións das mulleres son de menor cuantía que as dos homes.

Por todas estas razóns e en definitiva porque a pesar dos avances en políticas de igualdade, aínda persisten graves discriminacións de xénero e estereotipos de carácter sexista que impiden ás mulleres participar en igualdade de condicións en todos os ámbitos da sociedade, desde o concello de Vedra SUMÁMONOS á iniciativa dos Sindicatos e resto de organización sociais de convocatoria de PARO DE DÚAS HORAS NO DÍA DO 8 DE MARZO e animamos aos e ás traballadores/as a sumarse a iso, como unha medida máis de concienciación e sensibilización sobre a situación de discriminación das mulleres no ámbito laboral e en todos os ámbitos da sociedade.

Igualmente o Pleno do Concello  solicita aos Grupos Parlamentarios representados no Congreso dos Deputados a presentación e aprobación dunha Lei de Igualdade Laboral, así como dar traslado deste acordo aos Grupos Parlamentarios no Congreso dos Deputados.

Vedra, marzo 2018

 

Imaxe: