XX Xornadas arredor da Camelia

As XX Xornadas Arredor da Camelia, da man da Asociación Cultural Amigos da Camelia e do Concello de Vedra, celebradas na xornada de onte en Santa Cruz de Ribadulla, foron todo un éxito en canto a participación e visitantes.
A delegada da Xunta, Belén do Campo, foi a encargada de de inaugura-las xornadas ás que se achegaron numerosos veciños do concello de Vedra e de concellos limítrofes. Os centos de visitantes puideron gozar das magníficas composicións feitas con flor de camelia e das actuacións musicais que tiveron lugar ao longo da xornada.
O premio á mellor flor foi para Río Tella, clasificándose a continuación Leonor Magariños e Hákima.
No concurso de mellor composición gañou a Asociación de Lestedo, e no de traballos ornamentais resultou vencedora a parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, seguida da parroquia de Vedra e a Asociación Silandeira.

Teléfonos de contacto

Concello en liña

Boletín Municipal

Formación e emprego

Perfil do Contratante

Vedra Cultural

Deporte Municipal

Centro 3a Idade

Galería Fotográfica

sede.vedra.es title=

Facebook title=

blogger

metropolitano