Carnés profesionais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas para obter determinados carnés profesionais para o ano 2012. O prazo para presentar as solicitudes será do 16 ao 27 de xaneiro de 2012, para a convocatoria ordinaria, e do 2 ao 13 de xullo de 2012 para a extraordinaria. A listaxe das especialidades convocadas pode consultarse no DOG do 16 de Xaneiro.
Recoñecemento profesional
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca proceso de acreditación das competencias profesionais (DOG do 9 de xaneiro de 2012). Aquelas persoas con experiencia laboral ou formación específica nalgunha das ramas profesionais recollidas na orde de convocatoria, e que cumpran os requisitos de horas de traballo ou formación requiridas, poderán solicitar o recoñecemento da súa competencia nestas profesións.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de febreiro de 2012.
Cursos de informática. IIª Edición
O Telecentro de comunicación de Vedra inicia unha nova edición de cursos de informática, que dará comezo na semana do 23 de xaneiro. Os cursos serán en horario de tarde, noite e sábados pola mañán.
Apoio a Preescolar na Casa
O PLENO DO CONCELLO en sesión ORDINARIA celebrada o día vinte e nove de decembro de dous mil once, adoptou , entre outros, o seguinte acordo:
Cursos Celga 1, 2, 3 e 4
11/01/2012 - 19:45.Viaxe á neve.
Por falta de neve na estación de esquí de San Isidro na data prevista para a nosa excursión, o Concello de Vedra pospuxo dita viaxe para o mes de marzo:
NOVAS DATAS: 9, 10 e 11 de marzo
* Se aínda non te apuntaras e queres facelo, temos prazas de última hora!!
Anótate no teléfono 981 814 691 antes do 5 de marzo.



















