Vedra, de loito oficial polo pasamento de Xosé Neira Vilas

O Concello de Vedra decretou mañá sabado, día de loito oficial polo pasamento do escritor "do Val do Ulla"  Xosé Neira Vilas que finou a pasada noite na súa casa de Gres, Vila de Cruces. Tiña 87 anos e foi autor dun libro esencial nas letras galegas, Memorias dun neno labrego.

Asinado o convenio de adhesión do Concello de Vedra á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago, 6 de agosto de 2015.- O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, José Antonio Cerdeira, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, asinaron esta mañá o convenio de adhesión á Axencia Galega de Protección da Legalidade (APLU) por parte deste concello coruñés, polo que, a partir de agora, este municipio delega neste organismo as súas competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística respecto das obras e usos do solo que se realicen en solo rústico, en solo urbanizable mentres non sexa a

Árbores con historia

A Ruta árbores con historia é unha iniciativa da Xunta de Galicia para poñer en valor as árbores e formacións senlleiras incluídas no catálogo Galego de Árbores Senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo. Catálogo do que forman parte numerosas especies que se atopan no noso concello, máis concretamente no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, considerado o pazo máis importante de Galicia a nivel botánico, e que forma parte da Ruta da camelia.

Mellor oliveira monumental de España

Unha oliveira do Pazo de Ortigueira da Santa Cruz de Ribadulla, gaña o Premio AEMO 2015 ao Mellor Oliveira Monumental de España.
Foi concedido a un exemplar integrado neste maxestoso conxunto de oliveiras cuxo arboredo debuxa unha singular retícula de árbores centenarias que vexetan desde o século XVI e que foron recoñecidas pola Xunta como formacións senlleiras de Galicia.

Páxinas