Román Rodríguez visita o CPI Plurilingüe de Vedra

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe o CPI de Vedra, onde coñeceu de primeira man o curso de programación informática nas escolas que se está desenvolvendo neste centro. Arredor de 200 nenos e nenas de 6º curso de Primaria e 1º de ESO participan neste iniciativa pioneira para introducir aos rapaces en coñecementos básicos de computación, dunha forma sinxela e amena.

Reunión co Director Xeral da Administración Local

O alcalde de Vedra reunido co Director Xeral da Administración Local José Alberto Pazos Couñago na sinatura do convenio da ampliación da rede de abastecemento no lugar de Matelo (San Xián)

Reunión dos alcaldes de Vedra e Santiago

Xuntanza dos alcaldes de Vedra e Santiago de Compostela na capital galega para tratar sobre temas de interese común de ambos termos municipais coma os seguintes:

Emerxencias, transporte, auga, turismo, infraestruturas,…

Carlos Martínez e Martiño Noriega tiveron esta primeira toma de contacto para continuar as relacións destes dous concellos limítrofes.

 

 

Declaración institucional sobre as persoas refuxiadas na Unión Europea

A Corporación Municipal de Vedra no pleno ordinario celebrado o día 23 de setembro aprobou por unanimidade dos tres grupos políticos (PP, PSOE e BNG), unha declaración institucional sobre a situación e a acollida das persoas refuxiadas na Unión Europea.

Declaración

Páxinas