A Consellería de Cultura destina 35.000 euros á mellora das infraestruturas culturais en Vedra

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financiará con 35.000 euros a dotación de equipamento sociocultural no Concello de Vedra.

O conselleiro Román Rodríguez e mailo alcalde da localidade, Carlos Martínez Carrillo, asinaron hoxe o convenio de colaboración a través do cal se renovará e ampliará equipamento do centro sociocultural de Santa Eulalia de Vedra, da casa da cultura de Santa Cruz de Ribadulla e do local sociocultural Casa da Cruxa de San Xián de Sales.

Proxección de Vida

Este sabado 22 de abril ás 20:30 horas no Centro Sociocultural de Vedra, podedes asistir a unha obra de ficción e un documental para sensibilizar ao público arredor das persoas con diversidade funcional que compoñen o proxecto Vida, dirixido por Rubén Riós.

Instalación caldeira de biomasa

Programa de radio "Somos Vedra"

Un grupo de mozos/as do concello de Vedra estiveron realizando un obradoiro de radio os días 27 e 29 de setembro e o 4 e 6 de  outubro. Nesta actividade crearon un guión radiofónico, reportaxes, espazos publicitarios,… e finalmente gravaron un programa de radio baixo o nome de “Somos Vedra”. Este proxecto contou coa colaboración do CPI de Vedra, de veciños e veciñas do concello e foi subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Páxinas