Actualidade municipal

  • Campaña de prevención de incendios forestais

    É ben sabido que o monte que forma parte do Medio Rural Galego, é un patrimonio esencial para o desenvolvemento sustentábel en Galicia, xa que conforma o 65% da súa superficie.

    Pola súa gran importancia patrimonial e como recurso natural, é preciso que tanto a sociedade como as administracións públicas, velen pola súa conservación, protección e rexeneración fronte as ameazas ás que o monte esta exposto, entre elas os incendios forestais, que non só afectan á riqueza ambiental e á súa actividade, senón que poñen en risco a integridade física das persoas.

    Ler máis

Novas

Convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de actividades levadas a cabo por entidades sen ánimo de lucro no termo municipal de Vedra

O departamento de Cultura do concello de Vedra informa da publicación  no BOP  do venres 2 de febreiro, o anuncio da convocatoria de subvencións para actividades levadas a cabo por entidades sen ánimo de lucro no termo municipal de Vedra, coa finalidade de apoiar, colaborar e impulsar o desenvolvemento de proxectos e actividades levadas a cabo polas entidades sen ánimo de luc

Axudas para a rehabilitación integral de vivendas nos Camiños de Santiago

Aprobada a convocatoria para axudas da Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago para o ano 2018 cun importe de preto de 2,9 millóns de euros, sen prexuízo de que aínda se poden presentar solicitudes ao abeiro da convocatoria de 2017, aberta ata o 30 de novembro. Esta nova convocatoria para o 2018 publicarase no DOGA a comezos do vindeiro ano.

Páxinas