Actualidade municipal

  • Campaña de prevención de incendios forestais

    É ben sabido que o monte que forma parte do Medio Rural Galego, é un patrimonio esencial para o desenvolvemento sustentábel en Galicia, xa que conforma o 65% da súa superficie.

    Pola súa gran importancia patrimonial e como recurso natural, é preciso que tanto a sociedade como as administracións públicas, velen pola súa conservación, protección e rexeneración fronte as ameazas ás que o monte esta exposto, entre elas os incendios forestais, que non só afectan á riqueza ambiental e á súa actividade, senón que poñen en risco a integridade física das persoas.

    Ler máis

Novas

Proceso selectivo Técnico/a, en Animación Sociocultural Deputación 2018

Convócase proceso de selección para cubrir un posto de técnico/a en animación sociocultural, contratación laboral temporal, por obra ou servizo, para as áreas municipais de cultura, en base aos criterios de publicidade da convocatoria, mérito e capacidade das persoas candidatas, e financiada con cargo ao Programa FO206/2018, da Deputación Provincial De A Coruña. 

Declaración Institucional do Concello de Vedra con motivo da desigualdade salarial entre homes e mulleres

O Pleno do Concello de Vedra manifesta o seu compromiso coas mulleres, coa defensa dos seus dereitos e coas políticas de igualdade como instrumento para avanzar cara a unha sociedade democráticamente máis xusta e equilibrada na toma de decisións entre homes e mulleres.

Publicación das bases reguladoras do programa PEL-Pemes da Deputación da Coruña

Compartimos información sobre as bases reguladoras do programa PEL-Pemes que a Deputación Provincial da Coruña ven de publicar no BOP:

PEL-Pemes: Programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

Bases: BOP 32 DO 15 DE FEBREIRO DE 2018

Páxinas