Nova antena de 4G e problemas coa TDT

Dende o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo comunícannos que se colocou unha nova antena de telefonía para ampliar a cobertura de 4G e que terá especial incidencia nas parroquias de San Xián de Sales e San Fins de Sales  polo que lle recordamos a toda a veciñanza que no caso de detectar problemas coa recepción da TDT deberán comunicarse co CAU no teléfono 900.833.999  para que realicen as comprobacións oportunas e, de ser o caso,  envíen o servizo técnico ao seu domicilio. Todo traballo que se realice por parte deste servizo para recuperar a sinal de TDT será totalmente gratuito.

É importante sinalar que este servizo técnico só será para o caso no que os fallos de TDT sexan debidos ás obras para ampliación do 4G e non para avarías en xeral.

Máis información na páxina web www.llega800.es.

Para calquera aclaración poden contactar con este Concello no 981814612 ou no teléfono de Llega800: 900833999.