Vedra de Tapas

O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro – Concurso “ Vedra de Tapas” co obxectivo de promover a restauración local.

DATAS: 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 14 de outubro 2018.

Cada tapa terá un prezo de venta ao publico de 2,00 €. Tapa + albariño: se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,50€.