Dinamiza Piscina 2018

Un ano máis chegan os libros e actividades lúdicas ás tardes de verán na piscina do concello de Vedra. Que mellor que acompañar unha tarde de sol e diversión cunha boa lectura, solicitude de xogos ou participar en actividades lúdicas infantís.

Os luns, mércores e xoves en horario de 17:00 a 20:00h, contamos co servizo de préstamos de libros e xogos de mesa, sempre coa posibilidade de solicitar pasatempos ou enigmas para adultos ou pintar deseños infantís, así como pintura creativa para os máis peques da casa.

Lembrade que os luns e xoves a partires das 18:00h contamos con obradoiros, contacontos, xogos musicais ou xogos de misterio que farán do noso tempo de piscina unha nova aventura. Como adianto informativo, contarvos que onte chegou á piscina unha nova misión, os “Axentes de Vedra”, que así se chama a patrulla de investigadores da Dinamiza Piscina 2018, iniciaron no día de onte co primeiro misterio a descubrir, non tedes máis que achegarvos, se queres ser parte da nosa patrulla, que mellor opción que achegarte á piscina?? Anímate que as pistas e misterios están por descubrir...