Campamentos Deportivos de Verán 2018

O concello de Vedra ten adxudicado 3 prazas para os  Campamentos  Deportivos 2018. Este campamento está  destinado a nenos e nenas de 9 a 14 anos, cumpridos neste ano 2018 e terá unha orientación deportiva, mediante a realización de actividades náuticas, equitación tenis, sendeirismo, fútbol, voleipraia, baloncesto,…

A estancia e manutención terá lugar nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo, no Concello de A Coruña (rúa Archer Milton Huntington,24) e a cota de participación e de 85,00 euros por participante. A este concello correspóndelle a 3ª quenda que vai dende o 15 ao 20 de xullo.

As inscricións realizaranse no concello con data límite do 15 de xuño. No caso de ter máis solicitudes que prazas concedidas  realizarase un sorteo publico ante o secretario do concello para adxudicar as prazas.

Máis información e inscricións no departamento de cultura e deportes:  981 814 691