Actividades da Asociacion Cultural San Campio para as Letras Galegas

EXCURSÍÓN Á ROMARÍA RAIGAME

Xoves 17 de Maio “Día das Letras Galegas”

A Asociación Cultural San Campio, como xa vén sendo habitual, propón esta saída festiva e cultural á “Romería Raigame” en Vilanova dos Infantes-Celanova.

  • Saída ás 9:30 h. do Cruce de Sarandón.
  • Custe: 12 € (Inclúe transporte + camiseta). (O xantar por conta de cada quen)
  • Inscricións no teléfono 619 520 793.

IV CONCURSO SERÁN DAS LETRAS

A Asociación Cultural San Campio propón unha nova edición deste concurso, no que se busca a orixinalidade e o compromiso coa nosa lingua.

Bases e prazos de participación: Podes consultar aquí as bases

Lembra que podes presentar os teus debuxos, relatos ou poesías ata o 14 de maio, no departamento de cultura do concello de Vedra. A entrega de premios deste concurso será o 18 de maio na Taberna do Ferrador.

Más información e consultas no tel.981 814 691

 

VI SERÁN DAS LETRAS O 19 de Maio.

Polos furanchos de Ximonde.A partir das 20:00 h.coas actuacións de grupos de pandereteiras, e ao rematar Foliada Aberta.

Ademais homenaxearemos a María Victoria Moreno coa lectura dunha das súas obras.