Campaña sobre a nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía

Coa entrada en vigor  da nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, tanto os concellos como a veciñanza debemos asumir responsabilidades no coidado e protección dos nosos animais. Por este motivo, organizamos en colaboración co club de cans de familia “Só lles falta falar” esta campaña de sensibilización e información sobre a nova lexislación, así como catro aulas de educación canina impartidas por unha experta na materia para persoas propietarias de cans.