Campaña de prevención de incendios forestais

É ben sabido que o monte que forma parte do Medio Rural Galego, é un patrimonio esencial para o desenvolvemento sustentábel en Galicia, xa que conforma o 65% da súa superficie.

Pola súa gran importancia patrimonial e como recurso natural, é preciso que tanto a sociedade como as administracións públicas, velen pola súa conservación, protección e rexeneración fronte as ameazas ás que o monte esta exposto, entre elas os incendios forestais, que non só afectan á riqueza ambiental e á súa actividade, senón que poñen en risco a integridade física das persoas.