PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL . CURSO ESCOLAR 2024/2025
Pódese consultar PREMENDO AQUÍ (taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Vedra) ou no arquivo pdf subido nesta nova.
Esta é a listaxe PROVISIONAL de persoas admitidas e excluídas.
O prazo para presentar alegacións e reclamacións será de 10 días naturais (do 25 de abril ao 05 de maio, ambos incluídos). Unha vez finalizado, procederase a resolver as que se presenten, no seu caso, e aprobarase a listaxe definitiva.
As persoas interesadas NON deberán realizar ningún trámite neste prazo, agás interpor alegacións ou reclamacións se o consideran conveniente.
Máis información:
- Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal de Vedra (BOP A Coruña núm. 179, do 26.10.2020)
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de atención da escola infantil municipal (BOP A Coruña núm. 36, do 24.02.2021)
- Por teléfono: 981 81 46 93 ou no 981 81 46 12