Cultura e xuventude

Acción dverán´2013

O Concello de Vedra informa da convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar,
que a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.
As persoas interesadas poden acceder a toda a información a través do seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130402/AnuncioCA05-220313-0002_gl.html
Ou ben na páxina web www.xuventude.net

Convocatoria premios Deputación de A Coruña

Ao longo de todo o ano, a Deputación da Coruña convoca unha serie de premios dirixidos, principalmente, a aquelas persoas con inquietudes artísticas en varias disciplinas: ensaio, literatura, poesía, fotografía. Neste enlace poderás atopar as bases, impresos e historial dos diferentes premios convocados.

Rede Cultural 2013

O concello de Vedra informa que no Boletín Oficial da Provincia do día 7 de marzo sae publicado a apertura do prazo para solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural 2013.
As asociacións e concellos da provincia que queiran participar nesta iniciativa deben presentar as solicitudes antes do día 27 de marzo de 2013.
Poden descargarse os catálogos e impresos de solicitude na páxina www.dicoruna.es
Máis información: 981 814 691

Concurso de viñetas pola igualdade real

A Deputación da Coruña convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2013 “Día da muller”, IV EDICIÓN  DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.
O obxectivo é reflexionar sobre a importancia de facer visible o papel da muller no medio rural, fomentar o seu liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
O premio concederase á viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día da Muller pretenda reflexionar e sensibilizar sobre:

Programa Posta a punto

O departamento de cultura e xuventude do concello de Vedra pon en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e
formación para a xente nova do concello.
A proposta consiste en desenvolver un obradoiro diferente os terceiros venres de cada mes entre xaneiro e xuño de 2013.
En total realizaranse 5 obradoiros de temática variada e cunha duración de 2 horas cada un.
Os obradoiros están dirixidos a mozos/as de 14 a 35 anos.
Para obter certificación é preciso participar en 3 dos 5 obradoiros.

Programa Conecta

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o Programa Conecta. Conecta é a plasmación dos eixes transversais do Plan Estratéxico de Xuventude 2013 e desenrolase a través de 9 encontros territoriais enfocados ao emprendemento xuvenil e a un eixe do plan e un último encontro internacional estructurado nas nove temáticas que contempla o plan.

Distribuir contido

Teléfonos de contacto

Concello en liña

Boletín Municipal

Formación e emprego

Perfil do Contratante

Vedra Cultural

Deporte Municipal

Centro 3a Idade

Galería Fotográfica

sede.vedra.es title=

Facebook title=

blogger