Cultura e xuventude
GALEUROPA: proxecto de mobilidade galega
250 prazas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos estados membros da Unión Europea, agás España, durante o 2013.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é a promotora da Orde pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos estados membros da Unión Europea, agás España, e se procede a súa convocatoria. A orde está dotada cun orzamento de 600.000 euros.
Aloxamento en Galicia para estudantes
Se estás buscando onde aloxarte en Galicia durante o próximo curso, aquí podes consultar residencias e aloxamentos para estudantes en Galicia.
Residencias
Axudas para obter o permiso de condución
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos/as mozos/as residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.
Requisitos das persoas solicitantes:
a) Ter entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b) Ter o carné xove.
c) Ter a súa residencia en Galicia.
Acción dverán´2013
O Concello de Vedra informa da convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar,
que a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.
As persoas interesadas poden acceder a toda a información a través do seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130402/AnuncioCA05-220313-0002_gl.html
Ou ben na páxina web www.xuventude.net
Convocatoria premios Deputación de A Coruña
Ao longo de todo o ano, a Deputación da Coruña convoca unha serie de premios dirixidos, principalmente, a aquelas persoas con inquietudes artísticas en varias disciplinas: ensaio, literatura, poesía, fotografía. Neste enlace poderás atopar as bases, impresos e historial dos diferentes premios convocados.
Rede Cultural 2013
O concello de Vedra informa que no Boletín Oficial da Provincia do día 7 de marzo sae publicado a apertura do prazo para solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural 2013.
As asociacións e concellos da provincia que queiran participar nesta iniciativa deben presentar as solicitudes antes do día 27 de marzo de 2013.
Poden descargarse os catálogos e impresos de solicitude na páxina www.dicoruna.es
Máis información: 981 814 691
Concurso de viñetas pola igualdade real
A Deputación da Coruña convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2013 “Día da muller”, IV EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.
O obxectivo é reflexionar sobre a importancia de facer visible o papel da muller no medio rural, fomentar o seu liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
O premio concederase á viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día da Muller pretenda reflexionar e sensibilizar sobre:
Programa Posta a punto
O departamento de cultura e xuventude do concello de Vedra pon en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e
formación para a xente nova do concello.
A proposta consiste en desenvolver un obradoiro diferente os terceiros venres de cada mes entre xaneiro e xuño de 2013.
En total realizaranse 5 obradoiros de temática variada e cunha duración de 2 horas cada un.
Os obradoiros están dirixidos a mozos/as de 14 a 35 anos.
Para obter certificación é preciso participar en 3 dos 5 obradoiros.























