ESPAZOS NATURAIS

Os espazos naturais protexidos conteñen elementos de particular valor, interese ou singularidade. Natura 2000 é a rede creada pola Unión Europea para protexer hábitats ameazados e especies de flora e fauna que se atopan en perigo.

O termo municipal de Vedra está incluído nesta rede co Sistema Fluvial Ulla - Deza desde o ano 2001. O seu patrimonio natural, co protagonismo do Río Ulla e os seus afluentes, conforman unha inigualable paraxe con especies de flora e fauna propias do seu enclave. Peixes como o salmón e a troita, anfibios ou bosques de ribeira configuran a fermosa paisaxe deste val.

O Río Ulla foi un dos principais eixes da economía de Vedra. Un exemplo a destacar é o de Ximonde, un dos coutos de salmón máis importantes de Galicia, convertido hoxe en estación ictiolóxica de cría e reprodución.A flora e a fauna ullán configuran a paisaxe vedresa. Carballos, acivros, castiñeiros, matogueiras e prados xúntanse ao autóctono raposo, ao miñato ou o lagarto arnal. Estas magníficas paraxes naturais compleméntanse coas hortas e cos xardíns creados pola man humana.
A agricultura, relacionada coa gandaría en incontables ocasións, foi un dos principais motores económicos de Vedra. Os antigos nobres e señores dos pazos e das casas grandes foron promotores de belos xardíns, que aínda hoxe deleitan a vista do espectador. Dentro deste paraíso debemos destacar a camelia, cun gran número de variedades que enchen de cores as escuras horas do inverno.

 

Teléfonos de contacto

Concello en liña

Boletín Municipal

Formación e emprego

Perfil do Contratante

Vedra Cultural

Deporte Municipal

Centro 3a Idade

Galería Fotográfica

sede.vedra.es title=

Facebook title=

blogger