RUTAS DE SENDEIRISMO
Os afeccionados ás actividades ao aire libre en contacto coa natureza, atoparán no Concello de Vedra, un marco incomparable. As rutas de sendeirismo permitirannos gozar da paisaxe recorrendo a pé camiños salpicados de muíños, ermidas, pazos.. pero, sobre todo, natureza.
Hai tres percorridos diferentes que o visitante pode facer: a ruta do Pereiro, a ruta dos muíños e a ruta de San Xoán da Cova.
Ruta do Pereiro
Distancia: 5 Km. Duración: 2 h Dificultade: Media
Localízase na parroquia de Vedra. Partindo da casa do Concello, en dirección a Illobre, a medio camiño, atopamos un indicador (punto de partida) que nos conduce en paralelo ao río Pereiro , e que nos permite ver toda unha serie de muíños , salpicados aquí e acolá, algún de eles segue funcionando hoxe en día. A poucos quilómetros río arriba localízase a fervenza do Pereiro que co ruido dos seus cachóns racha o silencio da paisaje.
Se seguimos o noso percorrido, chegaremos a área recreativa da Ferreira , e finalizaremos esta ruta na Gándara, despois de cruzar Ponte Busacos , lugar polo que discorre a Vía da Prata.
Ruta dos Muíños
Distancia: 6 Km. Duración: 2 h 30' Dificultade: Media
Ruta de San Xoán da Cova
Distancia: 15 Km. Duración: 5 h 30´ Dificultade: Media
O seu inicio localízase no mirador de Gundián , a uns 50 metros sobre o nivel do río, que permite unha visión incomparable do Ulla estreitándose no paso da Cova , baixo a ponte do ferrocarril, e continuando o seu percorrido ata perderse ao lonxe. Desde aquí a ruta baixa, como non podería ser doutra maneira, paralela
ao río e cruza ao lugar de Ponte Ulla . A escasa distancia atoparemos no noso camiño un muíño de características singulares, o muíño de Reboredo . A seguinte parada será na área de recreo de Agronovo , en terras de Santa Cruz de Ribadulla , onde poderemos descansar para repoñer forzas. Continuamos outro treito ata chegar a área de recreo del Couto de Ximonde , en San Miguel de Sarandón , un dos coutos de salmón máis importantes de Galicia, convertido hoxe nunha estación ictiolóxica de cría e reproducción. Máis adiante agárdanos a área de recreo de Cubelas , en San Pedro de Sarandón , que pon o punto e final a este fermoso percorrido polo Ulla.



















