PROGRAMA TES+BUS

Liñas de transporte Transporte metropolitano

¿Que é TES+BUS?

TES+BUS é un programa de Transporte Escolar Compartido promovido pola Xunta de Galicia co que se pretende facilitar os desprazamentos á poboación de zonas con escasos servizos de transporte público.

Ruta Tes+Bus¿Que beneficios supón?

Nas rutas seleccionadas, vixentes ata fin de curso, calquera persoa da zona poderá dispor das prazas libres do transporte escolar nos traxectos ata as vilas onde se atopan os colexios, atendendo sempre ás indicacións da persoa acompañante dos escolares que viaxan no autobús.

Normas TES+BUS

Nos autobuses viaxará sempre unha persoa adulta que será a que regua a orde no autobús.

Poderase subir ó autobús en calquera das paradas da ruta escolar.

Poderase baixar do autobús nas paradas da ruta escolar ou ó chegar ó centro escolar.

O prezo de cada viaxe é de 1 euro.

Os días e o horario do servizo serán o do transporte escolar.

Non se poderán subir ó autobús con vultos ou equipaxes voluminosas ou molestas, a criterio da persoa adulta que acompañe ós escolares ou da que conduza.

Teléfonos de contacto

Concello en liña

Boletín Municipal

Formación e emprego

Perfil do Contratante

Vedra Cultural

Deporte Municipal

Centro 3a Idade

Galería Fotográfica

sede.vedra.es title=

Facebook title=

blogger