Bombillas de baixo consumo: pide a túa na Oficina de Correos

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio está a distribuir na comunidade galega un cheque regalo xunto coa factura eléctrica que se poderá canxear nas oficinas de Correos por unha bombilla de baixo consumo.

O principal obxectivo desta iniciativa é o aforro enerxético que se consegue co rendemento eficiente destas lámpadas ecolóxicas. Estas bombillas consumen un 80 % menos que as tradicionais, e duran entre 6 e 8 veces máis.

En términos de diñeiro, durante 8.000 horas de funcionamiento o aforro sería:
• 9W (equivalente en luz a unha de 40W), 42€
• 11W (equivalente en luz a unha de 60W) 67€
• 15W (equivalente en luz a unha de 75W) 82€
• 20W (equivalente en luz a unha de 100W) 109€

Con esta iniciativa preténdese concienciar da importancia do aforro de enerxía e do fomento de hábitos de consumo baseados na eficiencia enerxética.

CANXEA O VALE POLA TÚA BOMBILLA DE BAIXO CONSUMO NA OFICINA DE CORREOS DE VEDRA.

Que Vedra non quede atrás neste reto verde!

Concello en liña

Boletín Municipal

Formación e emprego

Perfil do Contratante

Vedra Cultural

Deporte Municipal

Centro 3a Idade

Galería Fotográfica