CENTRO SOCIAL DA 3ª IDADE

O Concello de Vedra conta cunha poboación total en torno aos 5.100 habitantes, da cal un 23% pertence ó colectivo de Terceira Idade, que está en progresivo aumento e que precisa non só dunha atención asistencial unha atención preventiva, recuperadora e de mantemento da autonomía, senón tamén do fomento da participación e integración na comunidade na procura da mellora da calidade de vida.

O Programa de Animación e Desenvolvemento Comunitario co Colectivo da Terceira Idade que se leva a cabo dende o Centro Sociocultural da Terceira Idade componse dun conxunto de actividades formativas, relacionais e de ocio que serven para reforzar a adquisición de habilidades sociais e para canalizar a participación dos maiores na comunidade; complementadas cun servizo de cafetería (espazo destinado a cafetería, sala de xogos de mesa…), servizo de información (espazo con mesa e corcho, con información sobre temas de interese para as persoas maiores, programa de actividades...)
  
Os obxectivos que se perseguen son:

  • Potenciar a participación, integración e autorrealización das persoas maiores na comunidade.
  • Promover a formación permanente das persoas maiores cunha finalidade actualizadora de coñecementos.
  • Fomentar o incremento na cantidade e calidade das interaccións e relacións interpersoais. (relacións sociais).
  • Reforzar e optimizar as habilidades e facultades persoais e sociais co obxecto de incrementar a autonomía persoal, evitando a dependencia.
  • Fomentar a participación activa dos maiores como factor de cohesión social e como factor preventivo de determinadas problemáticas.
  • Recuperar o protagonismo e utilidade social dos maiores a través do fomento do voluntariado e das relacións interxeracionais.
  • Ofrecer un amplo abano de posibilidades na utilización do ocio e o tempo libre, proporcionando medios de esparcemento adecuados á súa idade e intereses.


As actividades que se desenvolven abarcan as seguintes áreas:

Área de Servizos Sociais:
Actividades:
* Información e tramitación de recursos sociais, prestacións, pensións, programas de ocio e tempo libre...

Área Educativa:
A través deste tipo de actividades preténdense compensar déficits educacionais que poideran existir ou ben alcanzalos obxectivos relacionais apoiándose no repaso de coñecementos ou inquedanzas xa olvidadas.

Área de Saúde:
Actividades de prevención do deterioro cognitivo e de mantemento das capacidades físicas.
* Escola de saúde e consumo: (Accións orientadas a educar na prevención e fomento de hábitos e estilos de vida saudables entre persoas maiores)
* Ximnasia Xerontolóxica: (Busca manter e mellorar o nivel físico, mental e emocional.
* Obradoiro de traballo corporal: estiramentos, respiración e relaxación.
 * Fisioterapia ( Regulamento do servizo de fisioterapia)

Área de Expresión Plástica e Artística:
Este tipo de actividades, á vez que axudan a adquirir destrezas nunha materia determinada, sirve de oportunidade privilexiada de encontro persoal e de relación. Actividades: Canto Coral

Área Formativa e Convivencial:
Actividades donde prima o traballo sobre habilidades sociais e de comunicación, si ben tamén existe un compoñente educativo.
Actividades:
* Obradoiro de memoria (Para manter ó máximo o desenvolvemento das capacidades intelectuais e prever problemas de memoria dentro dun envellecemento normal. Con esta actividade trátase de contribuír ó mantemento das funcións cognitivas a través de dinámicas grupais, orientación á realidade...  )
* Charlas informativas sobre temas de interese: asuntos legais actualidade, prevención de timos e roubos...
* Faladoiros de convivencia
* Baile e actuacións
* Xogos de mesa
* Cine
* Viaxes e visitas.

Actividades de voluntariado:
Tendentes a facilitala participación na comunidade: acompañamento de maiores (dependentes) e difusión de información..., no marco do Programa de Voluntariado do Concello de Vedra.

Actividades interxeracionais:
Actividades que buscan un mellor coñecemento mutuo mediante o intercambio de ideas..., e que así os xóvenes valoren a experiencia vital dos maiores.

Syndicate content

Concello